Bojan Z Trio

XV FESTIVAL DE JAZZ DE PONTEVEDRA (26/07/07)




O pianista serbio Bojan Zulfikarpasic foi nomeado no 1989 coma o mellor músico de jazz de Iugoslavia, e no 2002 coma Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras do goberno francés. Estamos ante un intérprete vangardista e innovador, situado na elite do jazz contemporáneo europeo. Trae a súa potente banda coa que presentará o seu último traballo “Xenophonia”, un álbum no que combina ritmos orientais con outros máis puros.

FORMACIÓN:
Bojan Zulfikarpasic: piano e teclado “Fender Rhodes”.
Remi Vignolo: contrabaixo.
Ari Hoenig: batería.


Artigo do concerto en Tomajazz
Fotos: xacobe.casal@gmail.com

Magic Slim and The Tear Drops

XV FESTIVAL DE JAZZ DE PONTEVEDRA (25/07/07)



Noite de blues para esta noite festiva. A xuntanza de tres mitos do blues de Chicago dan lugar a este espectáculo con lembranzas do espírito dos anos 50, no que estes ilustres músicos, capitaneados polo septuaxenario guitarrista, gañador de numerosos “W. C. Handy Blues Awards”, "Bad Boy" Magic Slim, revivirán para o público as profundas sensacións que crea o blues.

FORMACIÓN:
Magic Slim: guitarra e voz
Jon McDonald: guitarra e coros
Vernal Taylor: batería e coros
Chris Biedron: baixo
Big Time Sarah: voz
Billy Branch: harmónica

Fotos: xacobe.casal@gmail.com

The Campbell Brothers

XV FESTIVAL DE JAZZ DE PONTEVEDRA (24/07/07)



Sen temor a esaxerar, pode dicirse que The Campbell Brothers é un dos mellores grupos de gospel con guitarras de pedal do momento. Chuck Campbell e o seu irmán Darick levan máis de vinte anos facendo xiras con este grupo, espallando a palabra e os ritmos das igrexas pentecostais, e fascinando ás audiencias cos sons da “steel guitar” e o uso do “wah wah” e a distorsión. Coma noutras edicións anteriores do Festival, estamos seguros de que o público terminará bailando e cantando ao ritmo do gospel.

FORMACIÓN:
Chuck Campbell: “pedal steel guitar”.
Darick Campbell: “lap steel guitar”.
Phillip Campbell: guitarra eléctrica.
Carlton Campbell: batería.
Malcolm Kirby: baixo.
Denise Brown: voz.

Fotos: xacobe.casal@gmail.com