Christian Scott - Festival de Jazz de Pontevedra 2010

XVIII FESTIVAL DE JAZZ DE PONTEVEDRA (24/07/10)



Calificado entre los treinta nuevos líderes de la música menores de 30 años, por la prestigiosa "Billboard", Christian Scott no defraudó a los numerosos seguidores del jazz que ayer acudieron a Pontevedra para escuchar a uno de los nuevos genios de este estilo musical. Scott demostró que, pese a su juventud, es ya uno de los grandes del jazz mundial. La plaza de A Ferrería se quedó pequeña para el numeroso público que quiso escuchar la trompeta del calificado por muchos como "el nuevo Miles Davis". Scott protagonizó uno de los conciertos de lujo del festival pontevedrés.
F. MARTÍNEZ - PONTEVEDRA El Festival de Jazz de Pontevedra contó ayer con uno de los grandes del género. La trompeta de Christian Scott sonó en la Praza da Ferrería como sus numerosos seguidores esperaban. Nacido en Nueva Orleans en 1983, Scott fue un genio precoz. Ya a los trece años participó en la grabación del álbum "Paradise Found" junto a su tío el saxofonista Donald Harrison, un miembro de los Art Blakey´s Jazz Messengers. Es precisamente a él a quien Scott se refiere con la siguiente frase que resume su relación y la importancia que tuvo en su carrera musical: "Mi tío me hizo remontarme a los comienzos mismos de la música. Me enseñó cosas que Buddy Bolden estaba tocando nada más empezar el siglo XX".
A los doce años ya tocaba la trompeta, y no mucho después, siendo un adolescente, tras serle concedida una bolsa, Christian puso rumbo al norte, hacia el Berklee College of Music, la escuela musical más prestigiosa de Estados Unidos, donde sacó dos títulos en dos años y donde acabaría emprendiendo una carrera musical que lo situó como uno de los grandes innovadores de su generación. Desde su debut, Scott ha recibido importantes elogios. Fue rápidamente elegido como una de las figuras a seguir por Billboard y nombrado uno de los "30 Líderes Nuevos menores de 30 años".
En Pontevedra sonaron los temas que Scott ha creado desde su primer album, en 2002, hasta el último, "Yesterday you said tomorrow" recientemente publicado. Sobre este discto Scott explicó que "quería crear un paño de fondo musical que hiciera referencia a todo lo que me gustaba de la música de los años sesenta, el segundo quinteto de Miles Davis, el cuarteto de Coltrane, la banda de Mingus, unido a la música de gente como Bob Dylan y Jimi Hendrix".
Filosofía de vida
"Yesterday You Said Tomorrow" hace referencia a una frase que el abuelo de Scott solía utilizar para resaltar la importancia del trabajo que había que hacer en cada momento y sacar el máximo partido al tiempo disponible para completarlo.
El disco ha recibido ya las máximas calificaciones de la crítica, como las cinco estrellas de la publicación Cuadernos de Jazz.

Texto: http://www.farodevigo.es
Fotos: xacobe.casal@gmail.com

Madeleine Peyroux - Festival de Jazz de Pontevedra 2010

XVIII FESTIVAL DE JAZZ DE PONTEVEDRA (23/07/10)



Naceu en Athens (Xeorxia, USA), e creceu entre Brooklyn, o Sur de California e París,
aínda que foi nesta última cidade onde atopou a súa voz. Sendo adolescente atraeulle a música na rúa e en 1989 empezou a tocar cun grupo deste tipo. Posteriormente, uniuse aos “Lost Wandering Blues & Jazz Band”, dos que era a única moza, realizando xiras por toda Europa durante varios anos.
Debutou na escena discográfica en 1996 cun sorprendente primeiro álbum titulado
“Dreamland”, que foi agasallado cun interminable torrente de magníficas críticas,
entusiasmadas coa súa voz profunda de “tabaco e whisky”, o que fixo que fose comparada con frecuencia coa gran Billie Holiday. Ademais, os críticos mostráronse sorprendidos co feito de que unha moza tan nova puidese interpretar cancións da mesma Holiday, pero tamén doutras fantásticas cantantes como Bessie Smith ou Patsy Cline, facéndoas súas dun xeito tan convincente. A revista “Time” chegou a dicir deste disco de debut que se trataba do “máis excitante traballo dunha cantante novel” nese ano.
De súpeto, atopouse no camiño máis directo á fama, formando parte de carteis de numerosos festivais de jazz e realizando xiras como teloneira de Sarah McLachlan e
Cesaria Evora, e vendendo a asombrosa cifra de 200.000 copias de “Dreamland” en todo o mundo. “Foi fantástico”, di Madeleine, “cantei con fantásticos músicos, vin a Nina Simone en directo e podería continuar nesa liña, pero, non obstante, preferín dar un paso atrás e facer unha pausa”.
“Careless Love”, para a discográfica Rouder Records, foi lanzado en 2004, oito anos
despois de “Dreamland”. Pódese dicir que unha pausa de oito anos entre un disco de
debut e un segundo álbum non é algo típico nunha carreira musical, pero Madeleine
Peyroux non é unha artista ao uso. Producido por Larry Klein (quen xa traballara con Joni Mitchell ou Shawn Colvin), este disco contiña cancións tan antigas como algunha que xa fora interpretada por Bessie Smith nos anos 20, outras máis recentes como “Between the Bars” de Elliott Smith e ata algunhas tan diversas como “Weary Blues” de Hank Williams ou “Dance me to the end of love” de Leonard Cohen.
Entre ambos os discos, Madeleine estivo moito tempo apartada do público, pero nunca
deixou de cantar, volvendo mesmo ás súas orixes, cantando en actuacións na rúa e en
clubs por todo o mundo, desde Os Ánxeles, Nova Orleáns ou Nova York, ata case toda
Europa Occidental.
Con “Careless Love”, Madeleine Peyroux volveu ter un enorme éxito de crítica e público en todo o mundo.
De novo con Larry Klein como produtor, Madeleine lanzou en 2006 “Half the Perfect
World”, un disco que, continuando coa liña marcada polo seu anterior traballo e
profundando nela, contiña un extenso catálogo de pezas de grandes compositores,
incluíndo algunha escrita por ela mesma.
Xa en 2009 lanzou o seu último traballo “Bare Bones”, que é á vez tanto unha continuación dos seus dous anteriores álbums como un intrépido paso adiante en terreos inexplorados.
O seu produtor foi novamente Larry Klein.

Texto: http://www.jazzpontevedra.com
Fotos: xacobe.casal@gmail.com

The James Carter Quintet - Festival de Jazz de Pontevedra 2010

XVIII FESTIVAL DE JAZZ DE PONTEVEDRA (22/07/10)



Tendo en conta os eloxios que o enérxico saxofonista estadounidense James Carter
acadou nas últimas dúas décadas polo seu papel de impulsor cara ao futuro do jazz,
sorprende descubrir que, en primeiro lugar, acaba de cumprir corenta anos, e, en segundo
lugar, o seu contemporáneo concepto do jazz continúa alimentándose dun tremendo
respecto e un íntimo coñecemento da tradición.
Nacido en Detroit, pero criado musicalmente en Nova York, empezou a destacar a
principios dos noventa. Entre as súas influencias máis salientables na súa mocidade, el
mesmo sinalou a Duke Ellington e Billie Holiday.
Os seus primeiros discos en solitario datan de 1993 (JC on the Set) e 1994 (Jurassic
Classics). Curiosamente foron primeiro lanzados en Xapón e posteriormente distribuídos
en Estados Unidos. O seu éxito foi tal, que a publicación “All Music Guide to Jazz”
proclamou o potencial ilimitado de Carter referíndose a el como un dos futuros xigantes do
jazz. A partir de 1994, xa na discográfica Atlantic Jazz, gravou unha serie de soberbios
álbums, empezando polo seu disco de baladas “The Real Quietstorm”, unha xoia inspirada
na cara B do disco de Charlie Parker “Bird Symbols”. En 1995, a revista Rolling Stone
empezouse a fixar nel sinalándolle como un músico “carismático” e “prometedor” a quen
debería seguírselle a pista. Uns anos máis tarde, coincidindo cos seus dous lanzamentos
en 2000, a mesma revista confirmou que se cumpriran con el todas as expectativas. Estas
gravacións tituláronse “Layin'in the Cut” (o seu primeiro álbum acompañado por unha
banda totalmente eléctrica) e “Chasin' the Gypsy” inspirado na figura do mítico guitarrista
Django Reinhardt. En 2002, agora coa discográfica Columbia Records, lanzou ao
mercado un novo disco de baladas titulado “Gardenias for Lady Day”.
Foi bendicido con magníficas críticas en numerosas ocasións pola Biblia das publicacións
sobre música jazz, a revista DownBeat, onde se lle cualificou como un dos mellores
músicos actuais neste estilo. Ademais, polo seu compromiso social co impulso da cultura
afroamericana, foi galardoado en 2002 co premio “Dr. Alaine Locke” pola súa conduta
exemplar e o seu liderado nese empeño.
Co seu último traballo “Present Tense”, de novo este mozo veterano demostra por que está
considerado un dos máis preeminentes músicos da súa xeración. O disco é un conxunto
de dez cancións que, partindo de estándares do jazz, son dotadas de novas bases rítmicas
(por exemplo, “Song of Delilah” de Victor Young, que recibe un tratamento baseado no hip
hop ou “Bossa J.C.”, con influencias de música brasileira).
“Titulei este álbum “Present Tense” porque reflicte onde me atopo neste momento”, dixo
Carter, quen toca tres tipos distintos de saxo (soprano, tenor e barítono), pero tamén a
frauta e o clarinete: “Isto é o que agora me atrae. Sempre fun un pouco ecléctico, pero o
estilo destas pezas é moi diverso, e ademais dotei a este álbum de máis lirismo e máis
concisión, tratando de evitar pezas de dez ou once minutos de duración. Algunhas das
súas cancións roldan os catro minutos”.
Para a gravación rodeouse dun magnífico grupo, un cuarteto composto polo trompetista
Dwight Adams, o pianista D.D. Jackson, o baixista James Genus e o batería Victor Lewis.
Ademais, participaron o guitarrista Rodney Jones e o percusionista Eli Fountain.

Texto: http://www.jazzpontevedra.com
Fotos: xacobe.casal@gmail.com

Terela Gradin & Manuel Gutierrez Quinteto - Pontejazz 2010

PONTEJAZZ (21/07/10)



Terela Gradín: voz
Manuel Gutiérrez: piano
Marcelino Galán: guitarra
Alfonso Morán: contrabaixo
LAR Legido: batería

Terela Gradín é a voz do jazz en Galiza, pese a súa xuventude xa ten dous discos
editados como son"LOST" e "PASCALA". Ten actuado e gravado con artistas como
a"Pirineos Jazz Orchestra", o "Proxecto Miño" de Baldo Martínez, Sumrrá, Os Tristáns,
Orquestra de Jazz de Galicia, Big Band da Escola Estudio, GEM Quartet, etc. Na
actualidade está rematando os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de
Navarra.

Texto: http://www.jazzpontevedra.com
Fotos: xacobe.casal@gmail.com

Shift - Pontejazz 2010

PONTEJAZZ (20/07/10)



Logan Richardson: saxo alto
Sam Harris: piano
Aidan Carroll: contrabaixo
Tommy Crane: batería

Banda liderada polo saxofonista alto Logan Richardson, con tres das grandes promesas
do jazz neoiorquino, como son o pianista Sam Harris, o contrabaixista Aidan Carroll
(alumno avantaxado de John Patitucci) e o batería Tommy Crane (batería da banda de
Greg Osby).
Logan Richardson está considerado por varias revistas especializadas como "JAZZ
MAN"(Francia) ,"DOWN BEAT MAGAZINE"(Estados Unidos) ou "SONIC
MAGAZINE"(Alemaña), como un dos dez saxofonistas altos máis relevantes do
momento. Estudou na "Berklee College of Music " de Boston e na "New School University"
de Nova York ten gravado e actuado con artistas como Joe Chambers, Nasheet Waits,
Greg Tardy, Carl Allen ou Jason Moran entre outros. Como líder xa conta con dous
traballos discográficos como son "ETHOS"(Inner Circle Music) e "CEREBRAL
FLOW"(Fresh Sound-New Talent).

Texto: http://www.jazzpontevedra.com
Fotos: xacobe.casal@gmail.com